Clube de Remo Chapela

Información e Historia

Información xeral

Somos un clube deportivo fundado en 1984 situado en Chapela-Redondela na provincia de Pontevedra.

Inda que no noso clube practícanse as dúas modalidades de remo (banco móvil ou remo olímpico e banco fixo) centrámonos no banco fixo que é o que por tradición e espectacularidade xera mais expectación e arrastra mais afición no noso contorno social. Participamos en regatas en todalas categorías e modalidades (traiñas, traineriñas e batéis).

O noso principal obxetivo como clube sempre foi crear unha entidad social dirixida a todolos xoves da nosa comunidade coa ilusión de darlles unha alternativa, baseada no espírito do deporte e no arraigo da nosa cultura mariñeira.

Ata o ano 2011 a sede do clube estivo situada nas antiguas naves dunha conserveira na praia de Arealonga (Chapela). Desde entón e en convenio co Concello de Redondela ocupamos unhas novas instalacións situadas no mismo lugar.

Instalación e equipamiento

O Clube dispón dunhas instalacións cubertas, en réxime de concesión, propiedade do Concello de Redondela, dunha superficie total aproximada de 1.500 m2, todos eles adicados a local deportivo. Dispoñemos de acceso directo ao mar, con instalacións independentes para gardar as embarcacións de competición, neumáticas auxiliares, vehículo propio e carros para os desprazamentos.

Tamén dispoñemos de ximnasio completo con aparatos de pesas, remoergómetros, duchas, vestiarios, oficinas e salas auxiliares.

O foso náutico permite o entrenamento específico en terra cando as condicións do mar non o permiten.

A nosa flota de embarcacións (todas elas con equipamiento completo de rompeolas, valdas e remos) componse de:

  • Catro embarcacións de banco móvil
  • Dez batéis
  • Cinco traineriñas
  • Dúas traiñas

Os materiais de construcción van dende o poliester a madeira e as últimas adquisicións son de fibra de carbono.

Patrocinadores e colaboradores