Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Pero hoxe non é ese día

Voltamos do LXXIII Campionato de España de Batéis con dous cartos postos nas categorías femininas e a satisfacción do traballo ben feito.

Google +

Puidese chegar o día no que os valores do noso Clube decairan e esquecésemonos de felicitar aos nosos rivais ou de valorar o traballo dos nosos remeiros e remeiras, pero... hoxe non é ese día.

Puidese chegar o día no que valese máis para nós a queixa ou a desculpa ou que menosprezásemos a vitoria do contrario, pero... hoxe non é ese día.

Puidese chegar o día no que nos esquecésemos de que o resultado non o é todo e que ten tanto ou máis valor todo o traballo que se fai para chegar alí, pero... hoxe non é ese día.

Hoxe sí é o día de felicitar ás nosas mozas, as máis pequenas e as máis grandes, por termos feito soñar, vibrar e perder a voz, por loitar ata o final, por adestrar cando chove, cando fai frío e cando non apetece. Por saber gañar e saber perder, por facernos gozar do remo, ata por facernos ás veces chorar e por facernos desexar que chegue canto antes a próxima.

Hoxe sí é o día de felicitar ás nosas "promesitas" pola súa cuarta praza en todo un Campionato de España, por todas as vitorias da tempada e pola súa merecida vitoria no Campionato Galego.

Hoxe sí é o día de felicitar ás "juves" por unha gran tempada, polo seu tesón, polo seu amor ao deporte e polo exemplo de loita e superación que nos deron en augas de A Pobra.

Hoxe sí é o día de felicitar ás "maiores" pola súa cuarta praza en España e porque xa nin nos acordamos da de anos que levan en primeira plana xa non do remo galego senón do nacional dándonos alegrías e triunfos ano si e ano tamén.

Parabéns E-QUI-PO!

Finalmente, non nos esquecemos de que hoxe e o día de felicitar as Campionas de España 2016 de Batéis en categorías femeninas:

  • Orio en Promesa feminina
  • Astillero en Juvenil feminina
  • Hibaika en Absoluta feminina


Google +