Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Hat-trick de Chapela

Recibíanos o campo da E.T.E.A. nas saias da Guía con sol e nortada. O aire persistente sumouse á rifada competencia en todas as categorias para endurecer, se cabe, máis aínda todas as regatas. Para nós, inmellorable comezo do Campionato de España de Batéis coa clasificación para as finais dos tres batéis en liza.

Google +

Promesas, Absolutas e Xuvenís masculinos loitarán mañá domingo polas bandeiras no LXXIII Campionato de España de Batéis en A Guía tras conseguir a clasificación directa por postos en todos os casos.

Un gran éxito para o Clube de Remo Chapela premio ao duro traballo de toda a tempada.

Promesas

As nosas Promesas, na segunda quenda da súa categoría, foron como sempre as primeiras do Club no mar. A priori a competencia máis directa esperábase por parte de Hibaika como así foi finalmente cos dous longos disputados á vez e únicamente unhas décimas de vantaxe en meta a favor das de Errentería. Na primeira tanda Orio, Vilaxoán e Koxtape estiveron tamén nuns poucos segundos toda a regata e conforman o cadro final de mañá.

  1. Hibaika, 4.57:20 (2T Q)
  2. Chapela, 4.57:92 (2T Q)
  3. Orio, 4.58:61 (1T Q)
  4. Vilaxoán, 4.59:46 (1T Q)
  5. Koxtape, 5.00:95 (1T q)

Absolutas

As Sénior partían na primeira quenda con Hibaika e Astillero como rivais máis perigosas. As vascas dominaron a regata desde a primeira boia coas nosas de menos a máis para superar a Astillero no último longo e clasificarse en segunda praza para a final. A segunda tanda resultou moi competida entre Mecos, Koxtape e Cabo que se clasificaron por esa orde coas de O Grove por diante nunha gran regata.

  1. Hibaika, 10.05:36 (1T Q)
  2. Mecos, 10.15:81 (2T Q)
  3. Koxtape, 10.16:81 (2T Q)
  4. Chapela, 10.17:23 (1T Q)
  5. Cabo, 10.19:94 (2T q)

Juveniles

Se disputándose o campionato máis importante do ano todas as regatas prometen ser emocionantes, a dos nosos Xuvenís pódese cualificar como "non apta para cardíacos" a remolque de Koxtape e Cabo durante tres longos para remontar tres segundos aos de Boiro e finalizar en segunda praza coa clasificación conseguida. Na segunda tanda, Cabana confirmou as boas sensacións do campionato galego cunha vitoria holgada sobre Castro.

  1. Koxtape, 9.30:81 (T1 Q)
  2. Chapela, 9.32:69 (T1 Q)
  3. Cabo, 9.33:49 (T1 q)
  4. Cabana, 9.34:58 (T2 Q)
  5. Castro, 9.36:91 (T2 Q)



Ligazóns

Google +