Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Afouteza e corazón

Gran actuación do C.R. Chapela na clasificatoria do Campionato Galego de Batéis onde contaremos con representación en tres das catro finais (Promesas, Absolutas e Xuvenís masculinos). Puido ser unha alegría completa de non ter as Xuvenís a mala sorte de romper un remo a media regata.

Google +

Ídesnos a permitir que hoxe, día de Campionato Galego de Batéis, en lugar de comezar destacando a brillante clasificación das Promesas e Absolutas e os Xuvenís para as finais fagámolo falando do noso Equipo Xuvenil feminino. Sí, "Equipo" con maiúsculas, porque o son cando gañan e tamén o foron tras perder esta tarde trala desgraza da rotura dun remo na segunda virada da súa regata.

No inicio da segunda manobra, con dous longos aínda por completar, o remo da patroa partiuse quedando o barco sen goberno no peor momento: quizá moitos outros abandonasen ou se viñeran abaixo, pero non as nosas, que cedendo o remo da nosa boga á patroa completaron a regata a só seis segundos da clasificación.

A nós só nos queda quitarnos o chapeu e agradecerlles a demostración de afouteza, corazón e deportividade que nos ofreceron. Vaia desde aquí a nosa homenaxe a todo o equipo Xuvenil e especialmente ás hoxe titulares María, Erea, Debi, Andrea e Ainhoa. Xa sabedes rapazas... mañá sae o sol!

Con todo a tarde iniciouse con éxito para as Beretes coa soberbia actuación do batel Promesas feminino que se impuxo na súa tanda con claridade a Meira (fóra de regata ao errar a rúa en meta) a Cabo e a Perillo. Na primeira tanda mandaron Vilaxoán e Esteirana con Riveira en terceira posición. As nosas clasifícanse ademais para a final co mellor tempo global.

Tamén se clasificou sen problemas para as finais o barco Absoluto feminino, segundo no seu tanda tras Cabo, en terceira praza e clasificadas como mellores terceiras, Tirán. Mecos e Cabana da primeira tanda completan o cadro final nesta categoría.

O último barco do Clube buscando posto na final na tarde de hoxe eran os Xuvenís que dominaron a súa tanda de punta a cabo por diante de Cabana e Riveira. Cabo e Tirán completan o cadro final desde a primeira tanda.

Resultados

Promesas femenino

  1. Chapela, 4.38:84 (T2 Q)
  2. Vilaxoán, 4.39:18 (T1 Q)
  3. Esteirana, 4.52:00 (T1 Q)
  4. Cabo, 4.52:91 (T2 Q)
  5. Riveira, 4.53:06 (T1 q)

Juvenil femenino

  1. Vila de Cangas, 9.48:66 (T1 Q)
  2. Cabana, 9.56:66 (T2 Q)
  3. Riveira, 9.58:53 (T1 Q)
  4. Cabo, 10.03:84 (T1 q)
  5. Tirán, 10.11:22 (T2 Q)
  6. Chapela, 10.17:68

Absoluta femenina

  1. Cabo, 9.30:38 (T2 Q)
  2. Mecos, 9.33:75 (T1 Q)
  3. Chapela, 9.36:06 (T2 Q)
  4. Cabana, 9.44:36 (T1 Q)
  5. Tirán, 9.41:25 (T2 q)

Infantil masculino


Cadete masculino

  1. Cabo, 6.33:69 (T2 Q)
  2. Virxe da Guía, 6.35:66 (T2 Q)
  3. Amegrove, 6.37:69 (T1 Q)
  4. Rianxo, 6.38:18 (T1 Q)
  5. Perillo, 6.40:69 (T2 q)

Juvenil masculino

  1. Chapela, 8.35:69 (T2 Q)
  2. Cabo, 8.38:56 (T1 Q)
  3. Tirán, 8.40:44 (T1 Q)
  4. Cabana, 8.39:32 (T2 Q)
  5. Riveira, 8.40:79 (T2 q)

Absoluto masculino

  1. Meira, 8.15:07 (T1 Q)
  2. Tirán, 8.19:28 (T2 Q)
  3. Cedeira, 8.19:72 (T1 Q)
  4. Cabo, 8.19:97 (T2 Q)
  5. Moaña, 8.21:18 (T1 q)


Ligazóns

Google +