Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Boas sensacións cara o galego

Co triunfo dos Xuvenís masculinos e a segunda praza das Promesas, Xuvenís e Absolutas o C.R. Chapela conseguiu o trofeo II Memorial Luís Maya que premiaba ao equipo máis regular do campionato e a clasificación das catro tripulaciones para o Campionato Galego que se disputará na Pobra os días 23 e 24 de Abril.

Google +

Compretóuse sen grandes sorpresas en augas de Meira o Campionato Territorial Sur de Bateles 2016 e II Memorial Luís Maya. Comezan así, con boas sensacións, as dúas semanas fortes dos batéis con todos os campionatos en disputa. Dentro dunha actuación moi consistente de todos os nosos equipos, destacaron especialmente os Xuvenís vencendo tanto na clasificatoria como na xornada final con autoridade e o equipo feminino con todos os barcos en posicións punteras. 

En categoría Promesa feminina repetición dos últimos podios con Vilaxoán, Chapela e Meira nas primeiras posicións. A destacar a clasificación de Robaleira que sorprendeu ás a priori favoritas de Vila de Cangas e Tirán. En categoría Xuvenil feminina disputouse únicamente a xornada final (ao non completarse a inscripción) con vitoria para Vila de Cangas por diante das nosas que estiveron sempre moi preto das do Morrazo. Distancias tamén moi curtas en categoría Absoluta feminina onde Chapela conseguiu a segunda praza tras Mecos que se impuxo tanto na xornada de clasificación como na final.

Dominou Mecos entre os máis xoves impoñéndose con claridade en Infantil masculino. Quinta praza para os nosos pese a realizar dúas boas regatas. En categoría Cadete, onde o noso barco non puido superar a clasificatoria, vitoria para Virxe da Guía con Amegrove moi preto dos de Teis. A mellor noticia para Chapela a protagonizaron os Xuvenís con dúas regatas espléndidas para obter a vitoria na final e a clasificación, máis que merecida, para o campionato galego.

En Senior, dominio absoluto do Morrazo, cunha gran loita entre veciños resolta a favor de C.R. Meira sobre Tirán. Os nosos, que partían con opcións de competir a final, finalizaron en sétima praza e insatisfeitos por considerarse desfavorecidos coa configuración da saída.

Resultados

Promesa Feminino

  1. Vilaxoán, 4.53:38
  2. Chapela, 5.00:53
  3. Samertolaméu, 5.03:25
  4. Robaleira, 5.04:94

Xuvenil Feminino

  1. Vila de Cangas, 10.21:94
  2. Chapela, 10.31:47
  3. Tirán, 10.42:81

Absoluta Feminino

  1. Mecos, 10.02:75
  2. Chapela, 10.06:28
  3. Tirán, 10.22:53
  4. Coruxo, 10.41:15

Infantil Masculino

  1. Mecos, 4.45:18
  2. Vilaxoán, 4.56:00
  3. Robaleira, 4.58:20
  4. Bueu, 4.59:43
  5. Chapela, 5.12:00

Cadete Masculino

  1. Virxe da Guía, 7.05:72
  2. Amegrove, 7.07:22
  3. Vila de Cangas, 7.10:31
  4. Vilaxoán, 7.13:25

Xuvenil Masculino

  1. Chapela, 9.17:69
  2. Tirán, 9.25:31
  3. Samertolaméu, 9.41:75
  4. Robaleira, 9.56:28

Senior Masculino

  1. Meira, 8.52:91
  2. Tirán, 8.54:09
  3. Samertolaméu, 9.04:09
  4. Moaña, 9.07:12

Ligazóns

Google +