Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

O mar fáise protagonista en Moaña

Chapela en categoría feminina e Samertolaméu en masculina obtiveron as dúas bandeiras en liza na Bandeira "Concello de Moaña". O gran protagonista con todo foi o estado do mar que provocou a suspensión da categoría infantil e regatas moi complicadas nas probas femininas.

Google +

Finalmente o tempo empeorou a previsión e a tarde deste sábado presentouse cargada de auga, cun vento persistente e o mar picado. Foi o día de competición máis duro no que vai de tempada e vaia por diante a nosa felicitación, especialmente hoxe, a todos os remeiros e remeiras polo esforzo e o compromiso co noso deporte.

Comezou a tarde como sempre coas máis novas na regata de Promesas. Sen sorte no sorteo as nosas tiveron que loitar co mar polo carreiro máis exterior para finalizar segundas tras Vilaxoán. Vitoria para as Xuvenís que se impuxeron con claridade a Vila de Cangas e Tirán e terceiro posto para as Absolutas tras Tirán e Mecos. Con todas as tripulaciones no podio C.R. Chapela impúxose na puntuación combinada e xa que logo a XXXI Bandeira "Concello de Moaña" vénse para Arealonga.

Nas regatas masculinas, suspendida a regata Infantil debido ao estado do mar e, xa en competición, sétima posición para o equipo Cadete en regata gañada por Amegrove e segunda praza para o batel Xuvenil a só 24 centésimas de Tirán. Os Sénior pecharon a competición cos nosos en sexta e sétima praza.

Resultados

Promesa Feminino

  1. Vilaxoán, 5.28:31
  2. Chapela, 5.42:09
  3. Samertolaméu, 5.52:59

Xuvenil Feminino

  1. Chapela, 11.45:25
  2. Vila de Cangas, 11.53:87
  3. Tirán, 12.41:72

Absoluta Femenino

  1. Tirán, 11.10:43
  2. Mecos, 11.13:53
  3. Chapela, 11.34:74

Infantil Masculino

Suspendida

Cadete Masculino

  1. Amegrove, 7.30:63
  2. Virxe da Guía, 7.33:43
  3. Samertolaméu, 7.40:34

7. Chapela, 8.21:84

Xuvenil Masculino

  1. Tirán, 9.45:47
  2. Chapela, 9.45:71
  3. Samertolaméu, 9.52:11

Senior Masculino

  1. Meira, 9.02:83
  2. Moaña, 9.15:93
  3. Samertolaméu, 9.20:26

6. Chapela, 9.23:24

7. Chapela B, 9.50:58



Ligazóns

Google +