Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Chapela, o mellor equipo en A Guarda

Cunha vitoria e tres segundos postos, Chapela conseguiu a bandeira en liza en A Guarda e confírmase como o equipo máis regular na tempada. Boas sensacións polo tanto de face ao sprint final da tempada de batéis que comeza en Meira o vindeiro sábado co Campionato Territorial Sur.

Google +

Mellorando as previsións, o clima acompañou unha gran tarde de remo en A Guarda no Memorial Antonino Torrón e ofreceunos unha tarde asollada e con temperaturas agradables nun dos campos de regatas máis fermosos da provincia.

En categoría Promesa feminina, segundo posto para as nosas remeiras tras Vilaxoán con Samertolaméu completando o podio de honor e en pechada competencia como durante toda a tempada. Tamén moi competida a regata Xuvenil con Vila de Cangas e Chapela, vencedora por un segundo, nun pano.

As Absolutas tamén nos ofreceron outra regata competida ocupando a segunda praza a dous segundos de Mecos completando deste xeito outra gran actuación do noso equipo feminino.

Quinta praza para a tripulación Infantil en regata gañada por Mecos con autoridade e novenos os Cadetes. Boa regata para o equipo Xuvenil confirmando as boas sensacións de toda a tempada en segundo lugar a pouco máis dun segundo de Samertolaméu e sexta praza para o batel Senior cos de Moaña inalcanzables esta tarde.

Resultados

Promesa Feminino

  1. Vilaxoán, 4.44:19
  2. Chapela, 4.48:33
  3. Samertolaméu, 4.52:47

Xuvenil Feminino

  1. Chapela, 10.11:12
  2. Vila de Cangas, 10.12:87
  3. Tirán, 10.36:89

Absoluta Feminino

  1. Mecos, 9.43:31
  2. Chapela, 9.46:01
  3. Tirán, 10.09:98 

Infantil Masculino

  1. Mecos, 4.36:64
  2. Robaleira, 4.47:61
  3. Bueu, 4.51:85

5. Chapela, 5.07:70

Cadete Masculino

  1. Samertolaméu, 6.58:86
  2. Virxe da Guía, 7.00:73
  3. Vilaxoán, 7.03:46

9. Chapela, 7.28:64

Xuvenil Masculino

  1. Samertolaméu, 9.04:45
  2. Chapela, 9.05:93
  3. Mecos, 9.09:18

Senior Masculino

  1. Meira, 8.36:87
  2. Moaña, 8.39:44
  3. Tirán, 8.49:51

6. Chapela, 8.59:03

11. Arealonga, 9.19:03



Ligazóns

Google +