Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Aos beretes gústalles Marín

Espléndida mañá para o C.R. Chapela no Porto de Marín con dúas vitorias parciais, a bandeira feminina, e unha gran actuación global de todas as tripulaciones. A bandeira masculina escapóusenos por un só punto nun triplo empate e foise para O Grove gañada por Mecos.

Google +

Do mesmo xeito que a tempada pasada o campo de regatas do C.R. Ría de Marín foi propicio para o noso Club e si na Marín Rowing Cup celebrada en novembro obtíñanse tres podios nesta ocasión cinco dos nosos equipos tocaron metais.

Recibíanos Marín cunha mañá de Xoves Santo asollada aínda que fresca e co campo de regatas en calma, nada que ver co mar batido que noutras ocasións esperaba ás tripulaciones fora do abrigo. As regatas foron as máis rápidas da tempada ata o momento.

En Promesas vitoria contundente para Chapela afastando en dez segundos a Samertolameu. Terceiras as Xuvenís con Vila de Cangas dominando a regata e vitoria tamén contundente para as Absolutas por case vinte segundos ante Tirán. Con estes resultados a IV Bandeira "Concello de Marín" vénse brillantemente para Arealonga.

Sexta posición para o batel Infantil (segundos na súa quenda loitando ata o final con Amegrove) e quintos os Cadetes gañando a súa quenda. Os Xuvenís, segundos e moi regulares como toda a tempada, co hándicap de partir desde a terceira quenda xa que non participaron nas dúas últimas competicións provinciáis.

Terceiros os nosos Senior dende a segunda quenda superando por un suspiro a Mecos, con Moaña ocupando as dúas primeiras posicións.


Resultados

Promesa Feminino

  1. Chapela, 4.26:69
  2. Samertolaméu, 4.35:41
  3. Tirán, 4.40:31

Xuvenil Feminino

  1. Vila de Cangas, 9.36:82
  2. Tirán, 9.48:91
  3. Chapela, 10.03:91

Absoluta Femenino

  1. Chapela, 9.20:61
  2. Tirán, 9.40:25
  3. Coruxo, 9.55:40

Infantil Masculino

  1. Mecos, 4.27:64
  2. Bueu, 4.31:24
  3. Robaleira, 4.38:49

6. Chapela, 4.56:64

Cadete Masculino

  1. Vilaxoán, 6.38:82
  2. Vila de Cangas, 6.55:73
  3. Amegrove, 6.59:95

5. Chapela, 7.12:32

Xuvenil Masculino

  1. Samertolaméu, 8.49:17
  2. Chapela, 9.03:35
  3. Tirán, 9.05:82

Senior Masculino

  1. Moaña, 8.11:69
  2. Moaña "B", 8.26:89
  3. Chapela, 8.38:75



Ligazóns

Google +