Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

Gran "Marín Rowing Cup" para o noso clube

Cunha vitoria e dous terceiros postos péchase a participación do noso club na Semana A Banca. As promesas repetiron a vitoria da semana anterior noutro final moi disputado mentres que as tripulaciones infantís e cadetes conseguiron dous terceiros postos moi meritorios tendo en conta a mala sorte no sorteo.

Google +

Logo dun mes e medio plagado de competicións a Semana Abanca 2015 chegou ao seu final coa celebración da Marín Rowing Cup, na que Samertolameu, Chapela, Rianxo e Tirán conseguiron as medallas de ouro. A proba náutica alcanzou o seu sétimo ciclo en ríaa de Vigo tras pasar por outros puntos de Galicia e desprazarse tamén a augas de Portugal e Asturias.

Nesta cita final, organizada polo Club de Remo Ría de Marín e a Federación Galega de Remo, disputáronse catro mangas que depararon outras tantas medallas de ouro. A proba feminina foi a encargada de abrir a xornada, con Chapela logrando o triunfo de xeito moi axustado por diante de Vila de Cangas, que entrou só unhas centésimas despois. Mentres tanto, o metal bronce foi para a embarcación coruñesa do Náutico de Riveira.

A continuación chegou a quenda á categoría infantil, na que Rianxo protagonizó a sorpresa e conquistou a primeira posición. Tralo ronsel dos coruñeses chegaron as embarcacións de Samertolameu, Chapela, Tirá e Riveira.

A proba dos cadetes foi a máis emocionante de toda a xornada e os membros de Samertolameu foron os máis fortes para impoñerse a Rianxo e Chapela, que completaron o podio.

E finalmente chegou a quenda dos xuvenís, categoría na que Tirán non deu opción aos seus rivais e conseguiu a medalla de ouro por diante dos integrantes de Náutico de Riveira e Samertolameu, prata e bronce respectivamente.

Todas as mangas estiveron acompañadas por gran cantidade de público que se achegou ata o paseo do alcalde Antonio Branco de Marín para dar a despedida a esta edición da Semana Abanca, cuxas novidades como esta Marín Rowing Cup ou a súa estreo en augas asturianas tiveron bastante éxito e auguran un positivo porvir a unha cita náutica que se consolida como referencia no panorama competitivo do outono.

Google +