Actualidade do Clube

Toda a actualidade institucional e deportiva do clube

F0000000507_P60501_142433_.jpg

Pero hoxe non é ese día

Voltamos do LXXIII Campionato de España de Batéis con dous cartos postos nas categorías femininas e a satisfacción do traballo ben feito.

Ler máis
F0000000506_P60501_142546_.jpg

Equipo de prata

O noso equipo Xuvenil masculino é de prata! ... e só unhas décimas separáronnos do ouro. Máis que merecida pechadura dunha tempada exitosa como campións territoriales, de Galicia e subcampeones de España. Parabéns rapaces!

Ler máis

Hat-trick de Chapela

Recibíanos o campo da E.T.E.A. nas saias da Guía con sol e nortada. O aire persistente sumouse á rifada competencia en todas as categorias para endurecer, se cabe, máis aínda todas as regatas. Para nós, inmellorable comezo do Campionato de España de Batéis coa clasificación para as finais dos tres batéis en liza.

Ler máis

Dúas de ouro e unha de prata

Voltamos de A Pobra con dúas medallas de ouro e unha de prata no saco e a clasificación dos tres barcos directamente para o Campionato de España que se disputará o próximo fin de semana na E.T.E.A.

Ler máis

Afouteza e corazón

Gran actuación do C.R. Chapela na clasificatoria do Campionato Galego de Batéis onde contaremos con representación en tres das catro finais (Promesas, Absolutas e Xuvenís masculinos). Puido ser unha alegría completa de non ter as Xuvenís a mala sorte de romper un remo a media regata.

Ler máis

Boas sensacións cara o galego

Co triunfo dos Xuvenís masculinos e a segunda praza das Promesas, Xuvenís e Absolutas o C.R. Chapela conseguiu o trofeo II Memorial Luís Maya que premiaba ao equipo máis regular do campionato e a clasificación das catro tripulaciones para o Campionato Galego que se disputará na Pobra os días 23 e 24 de Abril.

Ler máis

Chapela, o mellor equipo en A Guarda

Cunha vitoria e tres segundos postos, Chapela conseguiu a bandeira en liza en A Guarda e confírmase como o equipo máis regular na tempada. Boas sensacións polo tanto de face ao sprint final da tempada de batéis que comeza en Meira o vindeiro sábado co Campionato Territorial Sur.

Ler máis

O mar fáise protagonista en Moaña

Chapela en categoría feminina e Samertolaméu en masculina obtiveron as dúas bandeiras en liza na Bandeira "Concello de Moaña". O gran protagonista con todo foi o estado do mar que provocou a suspensión da categoría infantil e regatas moi complicadas nas probas femininas.

Ler máis

Aos beretes gústalles Marín

Espléndida mañá para o C.R. Chapela no Porto de Marín con dúas vitorias parciais, a bandeira feminina, e unha gran actuación global de todas as tripulaciones. A bandeira masculina escapóusenos por un só punto nun triplo empate e foise para O Grove gañada por Mecos.

Ler máis

O Campionato de España na ETEA

A Federación Española e Galega de Remo confirmaron a celebración, os días 30 de Abril e 1 de Maio, do Campionato de España de batéis no campo de regatas da ETEA en Teis (Vigo) coa colaboración do Concello de Vigo e do Club de Remo Virxe da Guía. Boísima noticia para o remo local e para os afeccionados que poderán gozar de dous días do mellor remo de banco fixo nacional.

Ler máis